Monday 13 de May de 2024

Xuventude abre o período de inscrición para as actividades xuvenís da Primavera


Os xóvenes poden inscribirse ata o día 29 de marzo nos rexistros municipais, ou na OMIX

A Concellaría de Xuventude abre o período de inscrición para as actividades de Primavera. A concellaría programou unha viaxe a Bilbao durante os días 21 e 23 de abril enmarcado no actividade CityPlan. Asemade, destacan as actividades de Mergullo o 6 de maio e o Finde náutico en Moaña, o día 9 de xuño.

Por outra banda, dentro do programa “Vente de Marcha” programáronse dúas salidas a dous castelos. Un ao Castelo de Pambre, o día 13 de maio, en Palas de Rei, cunha actividade de tirolina. E outro, ao Castelo Templarios, en Ponferrada, o día 17 de xuño e no que haberá unha actividade de espeleoloxía..

Os xóvenes poden inscribirse ata o día 29 de marzo nos rexistros municipais, ou na OMIX.
No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas haberá un sorteo público na OMIX.